55 Decibelios

Artista: Laura Sánchez Fernández

Datas de execución: 20, 21 e 22 de decembro

Espazos:

Travesía da Cormelana. Praza José Sellier.
Rúa Orzán. Rúa Socorro.
San Xoán, San Xosé e Orillamar
Sinagoga, Porta de Aires, Praza de Azcárraga.

O espazo público urbano é un foco constante de tensións e conflictos. Algúns son inevitables, noutros casos cun mínimo esforzo poderíase acadar un punto xusto para todas as partes implicadas.

55 decibelios é o nivel de ruído asumible en horario nocturno. Esta intervención leva á rúa, neste caso ás zonas de ocio, unha serie de sinalética realizada en tinta fosforescente, de tal xeito que durante o día absorba a luz solar para amosarse plenamente durante a noite. Estas iconas e mensaxes irán acompañadas de información e datos referidos a estes problemas urbanos e os seus efectos sobre a poboación afectada. A intención da intervinte é tratar de facernos lembrar a necesidade deses pequenos esforzos que debern permitir unha boa convivencia na cidade.

Fotos da acción: