DES)HECHOS. HÁBITAT Y HÁBITOS

Artista: Iria Cortizo Franco

Datas de execución: 21-23 de decembro

Espazo: Banco en María Pita xunto á Porta Real

Esta proposta xorde da investigación e a análise en torno ao proceso creativo e ás maneiras de facer, que atenden ao reaproveitamento, ao uso do fragmento de materiais de humilde factura e obxectos da contorna.

A partir da recollida de diferentes restos de materiais sacados da cidade, proponse a construción dun tecido, como metáfora do tecido social. Unha dermis urbana, unha coraza que se adhire ao mobiliario público,que cobre, e envolve como unha coraza ou armadura, pero tamén como pel. Pelello, refuxio, asi como límite e fronteira permeable que nos envolve.

Admitindo continuas adherencias que se moven entre a orde e o caos, esta dermis constrúese, crece e expándese como un organismo vivo a través do proceso de creación, buscando certo grao de preciosismo e dando paso a unha segunda oportunidade para crear novas impresións.

A intervención será respectuosa coa contorna, procurando un diálogo co contexto urbano e o espazo público.

Fotos da acción: