Houbo un día no que este chan tamén foi terra

Artista: Noelia Méndez Casas

Datas de execución: 2-5 de decembro

Espazo: Encontro Rúa Real – Rúa Bailén

Nunha cidade envolta en cemento, o rural queda nun plano afastado, olvidado.

Este proxecto busca a visibilización de este mundo do campo dun xeito case inconsciente, integrandoo na rúa, na vida dos transeúntes, que por un momento, deixarán de pisar o chan monótono e axitado da cidade, para sentir a terra debaixo dos pés.

A instalación consistirá nunha serie de 6 fotografias do agro galego, que se colocarán xuntas e nun tamaño apropiado, pegadas ó chan. Encima de estas fotografías, un manto de terra cubrirá o espazo, funcionando como telón de estas obras, que se irán descubrindo pouco a pouco, coas pisadas da xente.

Acompañando a instalación, o título de esta obra, tamén escrito no chan, que funcionará como prólogo ó descubrimento das fotografías.

O obxetivo de esta instalación non é outro que a interacción do pobo co seu entorno, mostrándolle á vez, que este non é so pedra e cemento, e que Galicia posúe unha riqueza agrícola que forma parte do noso patrimonio.

Fotos da acción: