Imaxes que habitan corpos

Artistas:
Jacobo Ameneiro, Andrea Quintana, Anxela Blanco

Datas de execución:
18 de xuño

Espazo:
Gradas do Parque de Santa Margarida

O proxecto de intervención no espazo urbano dirixido por o fotógrafo Jacobo Ameneiro, pretendo mostrar outra perspectiva dos xardíns de Santa Margarita. A través da proxección de fotografías orredor do espazo natural que a súa vez se interrelacionan ca acción performática.

Proponse unha proxecciòn de imaxes do habitat deste lugar, apoiada pola linguaxe dos corpos enmovemento, nese mesmo espazo, creando así unha nova identidade. Uns xardíns, ahora lugar de encontro das artes e os seus habitantes.

Esta reunión descriptiva dun entorno natural tan importante na cidade, tratada dende diferentes linguaxes artísticos , aborda unha reflexión… a importancia de compartir o cotidiano e o escénico. Este lugar se apropia de historias de outros, de imaxes sonoras, de canciós de rapaces novos, de medos e de traxedias, de encontros fortuitos, de visións abstractas da realidade, e de un sinfín de imaxinarios que o creador mostra dende un ollo curioso e interesado no lado emocional da arte.

A creación da posta en escea plantease intervindo previamente e explorando no espazo urbano, polo tanto os días previos que serán durante a semana anterior, o fotógrafo e os bailaríns mantendrán un contacto íntimo cos transehuentes que forman parte das esceas cotidianas dun entorno coñecido. Esta obra performática efímera compartirá as pegadas de múltiples personalidades e de diferentes relacións entre as persoas que habitan nesta praza nun día calquera. Poderíamos estar en calquer lugar, pero este espazo natural dentro da urbe, crea sinerxias, e crea sobre todo intereses comuns e relacións.