Insatura

Artista: Roberta Venanzi

Datas de execución: 17-27 de decembro

Espazo: Praza das Bárbaras

“Insatura” introduce elementos propios da costura nun medio de expresión artistico contemporáneo: a instalación.
A obra consta de corpos “crisalidas” tridimensionales construidos con baleas e intervidos con retales de teas e fíos, colleitados en talleres de costura do territorio.
Recuperar a antiga práctica do bordado é recuperar procedementos operativos do mundo feminino, propoñendo unha análise de caracterización sexual do medio e papeis tradicionais relacionados co seu uso.
A necesidade de utilizar tal medio expresivo deriva da conciencia de que o bordado e a costura, elementos propios dunha antiga cultura, moi estendida, pero relegada ao fogar , poida manifestarse como signo dunha procura para recuperar o tempo que pasa, a lentitude e o ritual, en oposición á velocidade da técnica da globalización.

Elixir a costura como ferramenta nun contexto de traballo contemporáneo ofrécenos a oportunidade de mostrar unha nova orde á percepción, en contraste co frenesí dos nosos tempos.

Fotos da acción: