Interseccións

Artista:
María Blanco

Datas de execución:
1 ao 15 de xullo

Espazo:
Paseo Marítimo

Interseccións é un proxecto de arte público que se sirve de diferentes bandeiras reorganizadas para conformar unhas novas.

O proxecto foi concebido específicamente para a cidade de A Coruña, polo que a orixe das bandeiras responde á problemática xerárquica á hora de acotar a identidade da cidade. Utilizaranse polo tanto as seguintes bandeiras: europea, española, republicana, española do 1945–77, galega do Reino de Galicia, independentista galega e coruñesa.

Para o desenvolvemento do proxecto, primeiramente se recolectarán as bandeiras e se comezará a recortalas con  formas xeométricas de acordo co deseño previo. As pezas resultantes serán cosidas debidamente para garantir a súa consistencia. Por último, serán colgadas no paseo marítimo onde están colocadas as bandeiras habituais.