El parque sueña

Artista: Guillermo Giadanes Torreira

Mércores 28 Decembro (19-21h): Parque infantil Campo da Leña

Xoves 29 Decembro (19-21h): Parque infantil Praza de Pontevedra

A instalación sonora e visual “O parque soña” pretende evocar o imaxinario infantil que se crea día a día nun parque, sendo o seu propio mobiliario urbano o xerador dunha pasaxe electrónica única.

A través das novas tecnoloxías aplicadas á música utilizaremos un instrumento que consiste en sensores de frecuencia creando unha peza musical electrónica. Os diferentes elementos do parque converteranse en caixas de ritmos, sintetizadores, atmosferas etc…Isto será grazas aos mogees que, recollendo as vibracións que xeran as nosas percusións no corpo do elemento urbano, converterá unha randeeira nun sintetizador, un balancín nunha caixa de ritmos, etc.

A través de xogos visuais con iluminación, fume e proxeccións situaremos ao espectador nunha atmosfera onírica facendo do parque un ente propio que soña coas súas tardes de xogos e de nenos.

Tardes que aos poucos ven substituídas polo pantallismo. O parque xoga un papel moi importante no desenvolvemento dun neno, esta peza pretende xerar unha reflexión sobre onde se sitúa un adecuado crecemento do neno, cada vez vemos a máis a nenos illados diante da pantalla, acción que os priva de socializarse con outros nenos, reduce a súa actividade física, e coarta a súa imaxinación e creatividade, o maior tesouro dun neno, todo o contrario do que pasa nun parque onde o neno coñece a máis nenos, desenvolve a súa psicomotricidade e alimenta a súa imaxinación cos elementos do parque.

Fotos da acción: