Proxecto de intervención artística

Artista: Alumnos da EASD Pablo Picasso

Datas de execución: 6, 7, 8 decembro

Espazo: Marquesiña da Torre de Hércules. Parada 153

Na marquesiña da Torre de Hércules queriamos plasmar un marco , coa técnica de Verre églomise (dourado en cristal)para que os cidadáns interveñan na obra sacándose fotos nela coa Torre de fondo.

Como está no barrio de Monte Alto inspirámonos no tema mariñeiro usando como marco un salvavidas, con peces e unha soga na que está a áncora. Tamén engadimos a bandeira de Galicia coa caveira dos Riazor Blues e o slogan ”Encorunha 2” nun pergamiño, utilizándoo como se fose encariñados.

Fotos da acción: