Ser a sombra

Artista: Ana Zapata

Datas de execución: 1-7 de decembro

Espazo: Confluencia da Avenida Montoto e do Paseo Dársena

Esta intervención xira ó redor do símbolo artístico e do arquetipo psicolóxico da sombra – este último entendido consonte as teorías verbo do inconsciente colectivo e do proceso de individuación persoal desenvolvidas polo psicólogo Carl Gustav Jung. Ser á sombra céntrase, xa que logo, nun dos temas máis recorrentes e recorridos da historia da arte, así como nun aspecto fundamental do ser humano: a “parte escura” da nosa psique, aquela que tentamos negar e soterrar, mais sen o coñecemento da cal non podemos realizar o noso “proceso de individuación”, acadar a nosa Integridade.

A idea desta artista colombiana, afincada na Coruña, é transformar o espazo e mailo obxecto público elixido nunha sorte de escultura viva que invite ós transeúntes a pescudaren sobre e a afondaren no devandito símbolo/arquetipo e, daquela, a descubriren.

Fotos da acción: