Tuyo es, mío no

Artista: Adrián Taracido

Datas de execución: 4 ao 30 de xullo

Espazo: Parque Europa, A Coruña

O proxecto titulado “tuyo es, mío no” mostra una corrosión do tempo en lugares públicos. Mediante erosións como son o óxido, a acción da choiva, a tempestade, o propio chan ou mesmo a participación do home, nalgúns casos axenciándose do alleo. Preténdese transmitir una acción procesual, ambientada nun espazo social determinado como é o Parque Europa situado na cidade de A Coruña.

As mans que presento neste proxecto, son copias exactas extraídas do meu corpo. O traballar con moldes das mans, é una técnica na que levo inmerso varios anos e fan do meu traballo algo persoal e rechamante a nivel visual.

As mans como ferramenta é outro dos conceptos que pretendo transmitir con este proxecto, ferramentas destinadas ao uso, á comprensión dos obxetos, e á transmisión dunha mensaxe.

Situado en pleno centro urbano, o Parque Europa é un lugar de encontro, de achegamento e de quedada. A intervención que proposta consta de 20 pezas (mans de escaiola e ferro), dun tamaño variable, aproximadamente 20 x 10 cm cada una, distribuídas polo propio xardín en total harmonía.

As pezas están feitas de escaiola, un material pouco agresivo co medioambiente e por dentro con pequeñas labras de metal ou ferro.

A escaiola branca precisa de auga para o seu fraguado, e é un absorbente natural de humidade, polo que as labras de metal do seu interior comezarán a oxidarse de dentro cara fora.

Outro dos cambios que sofrirán as pezas é o contacto directo co chan, absorbendo a humidade da terra e coloreándose de maneira natural.

Se a choiva é abundante, a escaiola inchará o que leva a una deterioración moi agresiva nun curto prazo de tempo.

A funcionalidade das pezas é una simulación poética da deterioracións ambientais, naturais ou artificiais do público na que numerosos factores son acumulativos e propician a un ambiente de extremos coidados no que o comúnmente “bonito” é o artificial e “grotesco e horrible” é o natural.